Opcións de configuración

O diálogo de configuración fornece un completo repertorio de opcións para axustar o funcionamento do programa ás súas necesidades persoais. Este diálogo está dividido en dúas categorías. Opcións xerais, onde vostede pode axustar os controis da cámara, traballar con perfís e cambiar o idioma, e as Opcións do perfil, onde vostede pode configurar todas as funcionalidades do aplicativo para que se axuste mellor ás súas necesidades persoais

Xestión de perfís

Os perfís permítenlle gardar ou restaurar todos os axustes das Opcións do perfil. Resulta útil cando varios usuarios de Enable Viacam comparten unha mesma conta de usuario no computador.

Cámara

Idioma

Permite escoller o idioma para eViacam.

Opcións do perfil

Movemento

Estes valores deben ser axustados de xeito coidadoso e controlando a cada paso os resultados., Uns bos axustes farán posíbel que eViacam sexa máis rápido e preciso no seu funcionamento. É moi recomendábel seguir as indicacións do Asistente de configuración para axustalos correctamente.

Área de traballo

Clic

Xanela do clic

A Xanela do clic consiste nunha barra que permite escoller as diferentes accións a realizar (botón esquerdo, botón dereito, arrastrar e soltar e dobre clic) cando se xera un clic en modo de clic por demora.

Opcións da Xanela do clic:

O significado de cada botón é o seguinte:

Clic por xestos

Para obter máis información ver Modos de premer (facer clic)

Teclas de acceso directo

Nesta lapela pódense configurar unha serie de funcións de eViacam para poder asignarlles unha tecla de acceso rápido. Para activar unha función só fai falta marcar a caixiña de verificación. Prema no botón «Estabelecer tecla» para configurar a tecla desexada.

Avanzado

Inicio

Orde do teclado en pantalla

Permite seleccionar a orde para abrir o teclado en pantalla.

Localización facial

Enable Viacam é quen de detectar de forma precisa a presencia e posición da súa faciana. Elo permite centrar automaticamente a área de seguimento o que mellora de forma substancial a experiencia de usuario.

Volver ao inicio